Xa está na rúa o número de abril do periódico Barrios.

Publicado o número de abril do Barrios

Na súa portada trae a polémica nas obras da avenida de Celanova de Xinzo de Limia, onde a plataforma Amigos das Árbores non queren que se talen os 56 árbores que hai nesa avenida pola que transcurre a Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Verín contará cun segundo cemiterio en non menos dun ano. En Allariz, unha senda peonil unirá a vila con Outeiro de Orraca. E falamos con Jesús González, técnico de Elyte Xinzo. En Verín, Fontenova acollerá un parque de sete hectáreas. Aniceto Rodríguez, o asasino do CHUO, seguirá en prisión ata o xuízo. O mes que vén comezan as obras do centro de día.

No Carballiño, a asociación O Potiños achega a fotografía a xóvenes de 10 a 17 anos. Este ano a cidade alemá de Nuremberg será protagonista na LV Festa do Pulpo. As rúas da vila do Arenteiro comezan a sumarse á iluminación LED. O salón de plenos de Xinzo sufrirá unha remodelación nestas semanas. O Parlamento de Galicia aproba executar antes de xuño de 2018 as obras do plan de regadío da comarca da Limia.

As últimas novidades e os mellores profesionais para as túas celebracións. Desde Primagas, Joost Korver fálanos sobre as vantaxes da incursión da compañía no rural. Presentouse a programación da Festa do Boi que este ano conmemora o 700 aniversario. Maceda ten aberto o seu centro de día. A Semana Santa en Celanova trouxo moitas actividades. Un obradoiro de emprego formou a 15 persoas en xardinaría. A oficina de turismo de Celanova amplía o horario.

En deportes, o Arenteiro marcha con paso firme cara a Terceira división. Iván Feijoo, entre a elite mundial en BTT.

Concursos, maxia, inauguracións e moito máis no número de abril do Barrios.

Podes consultar todos os contidos no seguinte enlace.