O resultado final foi de 3 a 3.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas - Ourense Envialia. /RAMSÉS.

Cidade das Burgas e Ourense Envialia empataron no derbi ourensán da xornada número 25 da Primeira división de fútbol sala. O resultado final de empate a tres fai que se repartan os puntos nun encontro que tivo alternancias no marcador.

Aos cinco minutos de xogo o Cidade -que xogaba coma local- xa mandaba no marcador con gol de Iria. A reacción visitante no se fixo agardar e Antía, de falta, devolvía o empate ao marcador. Non habería maís goles nunha parte na que o Envialia buscaba o roubo de balón moi enriba e o Cidade a sorpresa con balóns á área.

Consumidos tres minutos do segundo período, Marta adiantaba as de Chipi. Roubo de balón e pase de Sara a Marta que batía a Ana de potente disparo cruzado.

Lesión de Candela
O infortunio aparecía no cadro local en forma de lesión de Candela. A xogadora tivo que ser substituída ao quedárselle trabada o xeonllo no chan. Despois duns minutos no banco volveu a saír, pero volveu a queixarse do xeonllo. Con mostras de dor evidentes tivo que saír da pista e xa non volvería a entrar. Isto foi un duro pao para as de Codeso. Cando peor o estaban a pasar, Iria sacou das súas botas unha xogada persoal que rematou co balón no fondo da portaría defendida por Vanessa Barberá.

A ocasión máis clara das albinegras chegaría cun penalti sobre Sara Moreno que ela mesma se encargaría de lanzar. O seu lanzamento duro polo centro foi despexado por Ana. Pouco despois Andrea era expulsada por dobre amarela nunha acción moi protestada polas súas compañeiras xa que consideraba que a acción anterior fora penalti.

Cunha xogadora menos, o Envialia defendeuse e incluso chegou a ter o balón lonxe da súa defensa. Ata que, nunha xogada no centro do campo na que Chiki queda tendida na pista a aproveitan as franxiverdes para adiantarse por segunda vez no encontro (3-2) cun gol de Figo. A partir dese momento o Envialia asediou a área rival na procura dun empate que chegaba a tres minutos do final. Chiki, soa no segundo pao, lograba un novo empate. Ata o final, o tentaron as dúas escadras pero o marcador non se movería.

Reparto de puntos que manteñen aos dous equipos na mesma posición que tiñan antes do choque. O Ourense Envialia é quinto con 45 puntos e virtualmente clasificado para a Copa; mentres que o Cidade é décimo con 33 puntos a dous puntos das posicións copeiras.