Despois de vencer en cuartos de final da Copa Galicia ao Mosteiro Bembrive.

O sala Ourense accede á «final four» de Melide

O Sala Ourense venceu 8-2 ao Mosteiro Bembrive nos cuartos de final e estará, por méritos propios, na «final four» da Copa Galicia que se disputa esta fin de semana en Melide.

E é que os ourensáns deron a súa mellor versión e manexaron á perfección a presión alta,tamén tiveron velocidade na circulación de balón e o máis importante acerto de face á portaría contraria.

Ao catro minutos o marcador indicaba un 2-0 grazas aos goles de Tizón nunha boa acción individual e de Allariz nunha xogada de córner. Nos dez primeiros minutos os locais foron moi superiores.

Pitu cun toque maxistral no minuto 10 recortaba distancias tras picar o balón ante Darío. O partido entrou aí nunha fase máis igualada,ata que apareceu Tizón que  noutra magnífica acción individual asistía a Diego para que fixese o terceiro e aos dous minutos resolvía ante Cuca para establecer o 4-1. Antes do descanso dous goles máis,un por bando,para deixar un claro e merecido 5-2 para os os locais.

Na segunda parte non houbo reacción,o Bembrive deixaba detalles de calidade con Chelo e Pitu ao mando das operacións pero xa  acusaban o cansazo e os ourensáns seguían marcando o ritmo na pista.
Os goles foron caendo, primeiro Guerra que executaba unha falta lateral desde 14 metros que sorprendía o cérbero visitante,daquela Diego tras pase de Guerra e finalmente un mozo da casa,Higua,que establecía o definitivo 8-2.

Final four
A final a catro desta fin de semana en Melide xa coñece os emparellamentos. Na primeira delas o Sala Ourense enfrontarase ao campión da Terceira división, o Pazos de Borbén. Na segunda semifinal, o 5 Coruña xoga contra o Vilalba. Os dous partidos terán lugar o sábado. Os vencedores xogarán a final o domingo.