Varias serán as actividades deste grupo militar na provincia ourensá.

A Guardia Real exhibirase en Ourense

A Guardia Real chega a Ourense este mes de maio para realizar varias actividades en varios emplazamentos da provincia.

Na capital terá lugar unha exposición na Sala Marcos Valcárcer da Deputación. A exposición poderase visitar do 13 ao 21 de maio e terá o título de “La Guardia Real, 500 anos de historia”.

O sábado, 20 de maio ás 13 horas, un pasarrúas de movemento floreados irá desde o parque de San Lázaro ata a Catedral pasando pola rúa do Paseo. Un concerto de música no Auditorio ás 19:30 horas; con entrada libre ata completar aforo. O domingo, 21 de maio ás 12 horas, parada militar con xura de bandeira e desfile. As instancias para realizar a xura realizaranse na Delegación de Defensa, ata alcanzar a capacidade permitida.

Exhibicións
As exhibicións da Guardia Real serán as seguintes: O xoves, 18 de maio ás 18 horas, en Xinzo de Limia (exercicio de escolta, sección de motos, guías de cans, caballería e artillería) e no Carballiño (pasarrúas de movementos floreados e sección de motos); O 19 de maio en Ribadavia (20 horas, exercicio de escolta, caballería e artillería), en Celanova (18 horas, guías de cans, exercicios de escolta e caballería), e no Barco de Valdeorras (18 horas, pasarrúas de movementos floreados, caballería e sección de motos); e para o sábado 20 en Verín (11 horas, exercicios de escolta, sección de motos, guías de cans, caballería e artillería).