O número 158 do Barrios Deportivo trae a portada emoción polo final de tempada que chega ás distintas citas deportivas.

Barrios Deportivo 158

O COB ten ante si dous partidos no Pazo para poder levarse a primeira eliminatoria do play off diante de Oviedo. O Real Madrid xuvenil fíxose co título de campión de Copa de Campións. En fútbol sala, Primeira división, catro xornadas restan para que remate a Liga. E celebrouse na rúa do Paseo a primeira milla urbana de Ourense.

En Maceda celebrouse a última proba do Open de España de BTT na que os ciclistas locais non defraudaron. Ademais celebrase esta fin de semana a 8ª Parroira Bike da Merca.

O Carnes do Ribeiro será o anfitrión da fase de ascenso á Primeira división nacional de balonmán. Numerosas andainas terán lugar estas semanas na provincia. A ximnasia tamén foi protagonista nestas datas con diversos campionatos. O Sala Ourense logrou a Copa Xunta de equipos de Terceira división de fútbol sala. Pola contra, o Ourense Envialia caeu derrotado ante o Poio na final feminina.

O Artai continúa a colleitar éxitos (e moreas de medallas) en cada evento que participan os seus representantes. En atletismo, as obras da pista cuberta que estará ubicada en Expourense marchan a bo ritmo. O «Correndo por Ourense» comezou con Iglesias e Fernández coma líderes. Este sábado, a pista de atletismo do Campus de Ourense acolle o Ourense Termal Athletics Meeting. Xa se presentou o Desafío 42 que percorrerá Coles, O Pereiro e Ourense os días 20 e 21 de maio.

Voleibol, natación, judo, e máis no número 158 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha