Unha exposición estará aberta desde o 13 ao 21 de maio.

La Guardia Real, de exposición en Ourense

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense abrirá ó público a exposición La Guardia Real en Ourense. Unha exposición que conmemora os 500 anos da fundación de La Guardia Real, integrada por homes e mulleres dos tres exércitos.

A exposición consta de tres áreas. Unha histórica, na que se mostrarán uniformes de época de La Gardia Real; outra sobre a unidade nos tempos actuais e a terceira con diverso material de representación institucional, na que destaca un Rolls Royce Silver Wraith que estará ás portas do centro cultural xunto con persoal uniformado de Lanceros, Coraceros e Alabarderos.

La Guardia Real española é a máis antiga de Europa e a súa primeira unidade fundouse no ano 1006.

A exposición ábrese ó público o sábado, 13 de maio, ás 18:00 h na planta baixa do Centro Cultural Marcos Valcárcel. (Rúa Progreso, 30. Ourense).