O xoves acollerá o “Happy Day”, xornada de concienciación da inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Actividade en La Molinera para esta de semana

O Centro Municipal de Coñecemento la Molinera acollerá durante esta semana novas actividades de divulgación centradas nos aspectos legais de Internet, a plataforma dixital Activation Code e a busca de emprego a través do móbil. As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto a través da páxina web www.lamolinera.net. O centro municipal acollerá tamén o xoves “Happy Day, Down Ourense», acto de concienciación da inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Desde o mércores, ata o venres, 26 de maio, de 9:30 a 11:30, a Aula CeMIT será sé do curso sobre “Aspectos legais en Internet”, dirixido a empresarios e emprendedores, que ofrecerá orientación para a contratación e creación da páxina web dunha empresa. O curso é considerado de nivel medio e ten 6 horas de duración, e forma parte da programación da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT),

O xoves, día 25, La Molinera acollerá a presentación da plataforma dixital Activación Code, de 10:30 a 14:00h.

Activation Code é a aposta de Polygon-e coa colaboración dos seus socios par afacer chegar os usuarios os mellores cursos e obradoiros que lles permitan ter unha formación nos campos máis vangardistas do momento a través da comercialización de actividades que se axusten aos perfís máis demandados que non contan coa axeitada cobertura dentro dos planes de formación actuais.

A xornada contará coa participarán Raquel Pérez (voceiro de Activation Code), e o xerente de Igape Nova, Guillermo Vila, realizarase un percorrido con demostracións en directo, e unha sesión de traballo conxunto.

Happy Day, Down Ourense
Down Ourense e a Fundación Vodafone organizarán, tamén o xoves ás 12:00 horas, “Happy Day, Down Ourense», acto de concienciación da inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual. O obxectivo do evento é mostrar a empresarios e á sociedade os beneficios da inserción laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual a través dos programas de formación e emprego da asociación Down Ourense, co apoio da Fundación Vodafone España.

O acto contará coa participación de usuarios, que contarán as súas experiencias en primeira persoa, de empresarios, que comproban diariamente as vantaxes sociais e produtivas destas persoas con discapacidade, así como responsables da entidade Down Ourense e a Fundación Vodafone.

Tamén o xoves (18:30 a 20:00h), dentro do programa Xoves Inspiradores, terá lugar a ultima das catro sesións do obradoiro de busca activa emprego a través do móbil do proxecto “Desmárcate”, que pretende incidir en competencias como a marca persoal, a técnica de elevator pitch e recursos de busca activa de emprego a través das novas tecnoloxías, co obxectivo de ter un impacto inmediato. Esta sesión será impartida por Alba Moretón

A programación desta semana do Centro de Coñecemento inclúe tamén a exposición Augas Quentes, o obradoiro de educación emocional para a mocidade La Akademia, e o curso Arduino, un paso más (os dous hoxe), os obradoiros para nenos “Arquimakers II” (mércores), e Re – creando (Novas tecnoloxías aplicadas ao arte) (venres), e o Obradoiro de asesoramento de proxectos (robótica e arduino) para adultos, tamén os venres.