O atleta vence na carreira da Valenzá.

Diz, incontestable

O atleta ourensán, Rubén Diz, está nun estado de forma excepcional. Cada proba na que participa, vitoria. Así o fixo, entre outras, en Santiago (SantYaGo), no Pino e agora na carreira popular da Valenzá. A proba que celebraba a súa segunda edición encaramou no máis alto do podio ademais de a Rubén Diz (categoría masculina) a Ana María Ocampo (na feminina).

O atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra empregou un tempo de 21:59 minutos en completar o circuíto de arredor dos 7 quilómetros con dúas costas que fixeron moi esixente a proba. A dureza da mesma e forte calor non foi quen de impedir que na liña de saída -entre todas as probas- congregáranse preto de 500 atletas- demostrando que este tipo de carreiras gustan. A pouco máis dun minuto chegaba o recén campión galego de maratón, Javier Paredes (Burgas Runmaniak) parando o crono nos 23 minutos e 1 segundo. No terceiro caixón do podio, Iago Morenza; o se tempo, 23:47 minutos.

Ocampo
En canto á categoría feminina, Ana María Ocampo (Burgas Runmaniak) foi a vencedora con 27 minutos e 22 segundos. Tras ela, entrarían xuntas en meta Vicky e Ana Belén Losada Pérez (compañeiras de equipo da primeira) cunha marca de 27:54 minutos.

O Couto
O barrio do Couto acollerá a segunda carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Será este sábado, 27 de maio, en horario nocturno. Son preto de 1.200 os inscritos para esta proba. As 22 horas, os pitufos percorrerán uns metros para completar a súa carreira. Ás 22:05 h turno para os benxamíns e alevíns que terán que completar unha volta para facer 1.200 metros. ás 22:15 horas os infantís e cadetes darán dúas voltas para completar 2.400 metros. E finalmente será a partir das 22:30 horas cando comezarán a súa proba o resto de categorías. Nesta carreira absoluta os participantes deberán dar tres voltas máis a recta de meta para completar 6.100 metros.
A saída e meta de todas as carreiras estará na rúa Dalí.