A portada do Barrios Deportivo faise eco do rali de Ourense que este ano celebra as súas vodas de ouro. Tamén falamos con Victor Sousa, directivo do Sala Ourense.

Barrios Deportivo 159

O club Deportivo Ourela logrou o primeiro posto no Campionato de Deporte Escolar Xogade de patinaxe artística. O Club Ciclista Maceda continúa de éxito en éxito esta tempada.

En fútbol, a Rexional Preferente queda vista para sentenza esta fin de semana; Ourense C.F. e Arenteiro xoganse un posto en Terceira o ano que vén. O Atlético de Madrid logrou o títula da terceira edición do torneo de fútbol 8 «Ourense, a provincia termal». E na UD Ourense acaba de renovar a Rubén Durán; Diego Soto será o novo coordinador da base.

En fútbol sala, xunto á entrevista a Víctor Sousa, directivo do Sala Ourense, o Cidade das Burgas estase a xogar a súa presenza na próxima edición da Copa de España. Iria Saeta organiza o seu I Campus de fútbol sala no mes de xullo.

En atletismo, o Ourense Termal Athletics Meeting deixou unha gran xornada de atletismo na pista do Campus de Ourense. José A. Requejo foi o mellor no Desafío 42. E este sábado o barrio do Couto acolle unha nova proba do «Correndo por Ourense». Ademais en Xinzo gañaron Pinto e Fernández e na Valenzá, Diz e Ocampo.

O Barrocás loitará polo ascenso á División de Honra B de hoquei herba. O Campus Ourense Rugbi proclamouse campión da Copa Xunta de rugbi 7. O Salvour logrou tres podios nunha nova xornada de salvamento acuático de augas abertas.

Natación, sincronizada, artes marciais, ximnasia, tenis de mesa, e moito máis no número 159 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha