Xa está na rúa o número de maio do Ourense por Barrios que chega cunha portada moi festiva.

Publicado o número de maio do Ourense por Barrios

O Concello de Ourense vén de presentar parte da programación das  Festas de Ourense -celebraranse do 24 de xuño ao 1 de xullo- e na que pódese votar polo cartel das Festas (o cartel gañador entre os votantes na web ourensecultura.com será a imaxe das festas ourensás). Nestes días estase a celebrar na rúa do Paseo a Feira do Libro con preto dunha trintena de actividades. Nas páxinas centrais o “especial automóbiles” traenos os modelos máis atractivos das mellores marcas de vehículos.

Nos temas do mes os orzamentos están en mans dunha crítica oposición. O presidente da Deputación tamén está estos días en boca de todos ao quedar arquivada, provisionalmente, a causa por acoso sexual e por que o ente que el preside vén de facerse co arquivo de La Región, para a súa dixitalización, por valor de 2,7 millóns de euros.

O Concello adxudica as obras de urbanización do centro de saúde do Couto e da un novo paso para o futuro CAPD de Ourense. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a sede da Policía Local de Ourense na que se investirán 60.000 euros para arranxar desperfectos.

O alcalde pide unha reunión co Ministro de Fomento para tratar sobre o AVE; tema que se tratará -o da alta velocidade- no pleno do Concello deste mes. Tamén no pleno debatirase sobre unha achega económica de 100.000 euros para o Club Ourense Baloncesto. Telmo Ucha será nomeado concelleiro durante a sesión plenaria.

En canto ao tráfico, os semáforos para os peón estarán menos tempo en vermello, nas zonas de maís afluencia de xente. Ademais reordenarase o tráfico na estrada OU-105 á altura de Seixalvo.

En Barbadás amplíase o servizo de autobús ata o centro de saúde durante un mes para comprobar a súa demanda. O Concello conseguiu un compromiso da Deputación de 300.000 euros para varios proxectos do concello nos próximos orzamentos. E unha exposición de manualidades estará aberta ao público ata o 6 de xuño.

Ademais das Festas de Ourense e da Feira do Libro, Benposta acolle esta fin de semana o Ourenrock Sound. Varios puntos da cidade acollen actividades da Semana do Medio Ambiente. E Deputación e Universidade de Vigo presentaron os cursos de extensión universitaria para este verán.

As imaxes do mes -coa Guardia Real como protagonista, os deportes, artículos, axenda e moito máis no número de maio do Ourense por Barrios.

 

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace