Esta fin de semana celébrase o XXIII Rali de clásicos.

83 clásicos polas estradas de Ourense

Durante esta fin de semana as estradas da provincia de Ourense recibirán a 85 coches clásicos que participarán no XXIII Rali de coches clásicos.

O percorrido pasará por gran parte da provincia, incluso achegarase á provincia de Lugo pasando por Sober e Ferreira de Pantón (pertencentes á Ribeira Sacra).

Os coches terán que circular a unha media de velocidade que alcanzan: ata os 45 kms/hora e ata os 50 kms/hora, dependendo da categoría.
O sábado, na praza Maior de Ourense, a moi temprana hora (8:30H) comezará a concentración, para que ás 10:50 h comece o rali. Marcharán pola rúa do Paseo ata o parque de San Lázaro (lugar da saída oficial). Desde Ourense saen en dirección a Maceda, onde realizarán un xantar medieval, e continuarán hacia Montederramo, Castro Caldelas, Canón do Sil, Pantón, Sober, Peares e regreso a Ourense. A cea e entrega de premios será pola noite no hotel Vila de Allariz.

Allariz, Maceda e Luintra, onde realizarán a entrega de trofeos do campionato social que realiza a Escuadra entre os seus asociados, porán o colofón final a este rali na maña do domingo.

De entre todos os anotados este ano para participar, destaca como coche máis antigo un Bugatti T-57 Ventoux de 1935, procedente do Club Vigo Clásicos.