Desde este venres 2, ata o domingo 4.

O Xirakarting, no parque Barbaña

Chega un ano máis a Ourense o circuíto móbil Xirakarting, unha actividade que terá lugar desde este, venres 2, até o domingo 4 nunha instalación de 1.935 metros cadrados no Parque do Barbaña. O horario de apertura ao público será de 12:00 a 14:00 horas, pola mañá, e de 16:30 a 21:30 horas, pola tarde.

O evento quere achegar o mundo do motor ao público familiar. Hai 300 entradas gratuítas e descontos grazas ao patrocinador principal.

Os menores a partir de 7 anos (ou 135 cm) disporán de 7 karts junior con motor Honda de 120 cc., os maiores de 12 anos contarán con 14 bólidos con motor Honda de 200 cc. de 6.5 cabalos, mentres que para os máis pequenos, que aínda non poidan pilotar, existe a posibilidade de montar nun dos 3 karts bipraza con motor Honda de 200 cc.

O Xirakarting recupera, ademais, a captación de novos valores para o automobilismo grazas á colaboración da Federación Galega de Automobilismo (FGA), unha ponte para federarse e para poder participar na Rookies.