Celebrada no parque municipal.

A Festa das parroquias rendeu homenaxe a presidentes e ex presidentes das AA.VV.

Máis de duascentas cincuenta persoas asistiron á 25ª Festa das Parroquias, na que se rendeu homenaxe aos presidentes e expresidentes das Asociacións de Veciños, que recibiron un diploma do concello.

Alcalde, concelleiras e concelleiros da corporación municipal, exalcaldes, presidentes e expresidentes das AAVV, así como veciñanza das parroquias e do casco urbano participaron nesta celebración no parque municipal, que comezou cun concerto da Banda Escola de Música do Carballiño e continou cun xantar, que estivo amenizado na sobremesa polos regueifeiros Benito Lobariñas e Suso de Sorner. Tamén houbo xogos populares, campeonato de brisca e subastado, baile e entrega do ramo para a organización da próxima edición da festa.