Este domingo, 11 de xuño, no campo Miguel Ángel.

II Torneo “Ourense, a provincia termal”

Este domingo, 11 de xuño, dispútase no campo Miguel Ángel do pavillón municipal dos Remedios a segunda edición do torneo “Ourense, a provincia termal”. Este torneo é para futbolistas de categoría cadete.

O formato da competición será de semifinais e final. Participan catro equipos: Pabellón, Oviedo, Celta de Vigo e Selección de Ourense. Cada encontro durará 80 minutos (40 cada parte).

A primeira semifinal enfronta ao Pabellón fronte o Oviedo (ás 10:15 horas) e a segunda mide a Celta ante unha selección de xogadores ourensáns (12 horas). A loita polo terceiro e cuarto posto (entre os perdedores dos dous encontros) será ás 17 horas. A final está prevista para ás 18:45 horas. A entrada é de balde.