No número 161 do Barrios Deportivo a portada trae a carreira do centro do "Correndo por Ourense", o Descenso do Miño, motocross e o Trofeo Pedro Escudero.

Barrios Deportivo 161

No “Correndo por Ourense”, Rubén Diz foi o máis rápido -o día anterior vencera na nocturna de Celanova- xunto a Iria Fernández. O motocross tivo a súa cita en Santa Mariña nunha proba do Galego. Palmás e Sánchez repetiron vitoria no Descenso do Miño. E Álvarez e Gómez leváronse o Trofeo Pedro Escudero.

O Sincro Ourense logrou 14 medallas no Campionato de Galicia de nivel; ademais destacou na Copa Deputación de Ourense. O Salvour sube ao podio en varias competicións de salvamento acuático.

O tai chí regresa a cidade coa 33ª edición do tai chí na rúa; do 3 ao 14 de xullo no Posío e do 17 ao 28, nos Remedios. En canto ao fútbol, este ano a provincia terá catro equipos en Terceira división. A Unión Deportiva Ourense refórzase de cara a afrontar con garantías de loitar polos primeiros postos no grupo sur da Rexional Preferente.

En fútbol sala, o Ourense Envialia ofreceu a Copa de España aos seus afeccionados desde o balcón da casa do Concello. O Sala Ourense logrou o segundo título do ano: a Copa elite. Ademais presentou dúas novas caras para o ano que vén: Daniel Gato e David Guede. E se uns quedan outras marchan. A buque insignia do Cidade As Burgas nas últimas tempadas, Iria Saeta, abandona o equipo para probar noutro para sentirse máis profesional. Xunto a ela deixan o equipo máis xogadoras como a porteira Ana Lastra.

O COB xa está a pensar na vindeira tempada unha vez solucionados os problemas económicos desta. Iván Feijoo e Carlos Canal vencen en Moralzarazal; ademais este último lidera a Taça de Portugal.

Ximnasia, alpinismo, rugbi, xadrez, e moito máis no número 161 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha