A segunda edición incluirá o “Descenso Urbano”, xunto a diversas probas de skate, patíns, quads, BMX e scooter.

O “Pulpo Extreme” toma Ourense en setembro

Faltan dous meses para a súa celebración e xa foi presentada a segunda edición do “Pulpo Extreme”. Esta ano terá lugar en dúas citas, pero sempre no mes de setembro.
O 9 de setembro terá lugar o primeiro dos eventos, o ‘Descenso Urbano’, dende Carmelitas ata as Burgas. A segunda parte do programa será do 27 de setembro ao 1 de outubro no entorno das instalacións municipais de Oira, no que haberá probas de skate, patíns en liña, quad, BMX e scooter.  O programa tamén inclúe actividades paralelas, dende unha reunión de artistas do graffiti ata actuacións de DJ’s.

Presentes
En scooter está confirmada a presenza do campión do mundo Jordan Clark xunto ao seu compatriota, Lewis Williams; en BMX participará Sergio Layos e Daniel Peñafiel; en skate, Danny León; en quad, Sara “Bomba H” Helena; e en roller, Román Abrate, Iván Malvido, Sven Boekhorst e Carlos Bernal. Todos eles son unha mostra dos destacados participantes  que acudirán á segunda edición da “Pulpo Extreme”.