O número de xullo de Ourense por Barrios chega con varias e interesantes noticias principais.

Ourense por Barrios do mes de xullo

Xa está en marcha a conta atrás para o Campus da Auga que estará listo este mesmo ano. As Festas da Ponte, na honra a Santiago, terán lugar do 21 ao 26 de xullo. O tai chi na rúa trasládase nasegunda quincena de mes aos xardíns do pavillón dos Remedios. E entrevistamos a Anxo Pérez, secretario comarcal da CIG en Ourense.

Na polémica folga de examinadores, as autoescolas esíxenlle a Tráfico que cumpla cos alumnos. No concello goberno e oposición non se poñen dacordo nin coa solución para os contedores soterrados nin na contía na rebaixa do IBI.

A Asociación de Veciños Peliquín abriunos as súas portas para falarnos dos proxectos da nova directiva. A Confederación Hidrográfica Miño – Sil acondiciona o Barbaña. O CEIP de Seixalbo sofrirá unha rehabilitación integral. A campaña para a prevención de atropelos continúa en verán.

A central eléctrica de Velle cumple 50 anos. Turismo de Galicia potenciará Ourense cun convenio por 160.000 euros. As Festas de Ourense congregaron a numeroso público en todas as súas actividades. A danza «Corpo a terra» percorreu as zonas máis emblemáticas da vella Auria.

En Barbadás amplíase o persoal no servizo de limpeza. O alcalde recórdalle ao PP a súa política de persoa. Ademais o Concello fai unha rebaixa do 7% do IBI. O novo centro de saúde atende a todos os veciños.

O «Verán Cultural» de Ourense ten unha cita todos os xoves na praza de San Martiño. Durante xullo e agosto pódese visitar unha exposición no Botánico de Montealegre de plantas carnívoras. As entradas do concerto de Ara Malikian esgotáronse en días. O Carballiño celebra esta fin de semana a Feira da «Liorta», ademais xa presentou a Festa do Pulpo.

Deporte, provincia, artigos, clasificados e moito máis no número de xullo do Ourense por Barrios.

Todos estes temas e máis, podes lelos no seguinte enlace.