Durantes esta fin de semana no Carballiño.

A Feira medieval “A Liorta”

A Feira medieval “A Liorta” comeza este venres coa apertura dos postos do mercado, do rincón infantil, da mostra de aves de voo e diversos espectáculos de rúa. A feira desenvolverase durante toda a fin de semana ata a noite do domingo, entre a Praza Emilia Pardo Bazán e a Praza da Veracruz, e ofrecerá espectáculos de animación musical, de circo, de lume, exhibición de aves de voo, combates e representacións teatrais, que se sucederán dende a mañá á noite, cada 20 minutos aproximadamente, na rúa do Paseo, Praza Maior e Praza da Veracruz.

Tanto as rúas como os locais de hostalería contarán cunha ornamentación de estilo medieval, con bandeiras e estandartes, así como outro tipo de elementos que nos retrotraerán aos tempos nos que O Carballiño era un lugar de feira moi codiciado polos poderes da época, fundamentalmente, o mosteiro de Oseira, a Encomenda de Beade e San Martín Pinario.