Gran despliegue de medios estatais para falar da festa do Carballiño.

Difusión mediática para a Festa do Pulpo

Os medios de comunicación darán amplia difusión e cobertura dos eventos da LV Festa do Pulpo. Estes días O Carballiño encherase de cámaras de televisión para recoller o acontecer da nosa vila durante a celebración da Festa do Pulpo que é sen súbida unha das festas gastronómicas máis populares de Galicia e de España.

Así o amosan as constantes peticións de información que se están recibindo estes días no departamento de Comunicación do concello polos medios de comunicación para realizar programas e reportaxes sobre diferentes aspectos da festa e do Carballiño.

Xa comezou a campaña de Pescanova a nivel nacional nas redes sociais co lema “Algo se cuece en O Carballiño”, que vai ter unha ampla difusión.
TVE realizarou unha reportaxe para o programa “ESPAÑA DIRECTO” o martes, 8 de agosto, con motivo da Tapa Xigante de Pulpo.

A TVG fará en directo o sábado 12 de agosto o programa “Aquí Galicia”, con tres horas e media de entrevistas, reportaxes e actuacións musicais. Tres equipos de reporteiros deste mesmo programa desplazaráronse ata O Carballiño, esta semana, para realizar reportaxes sobre patrimonio cultural, termalismo, natureza, turismo e a tradición pulpeira do Carballiño.

Esta mesma cadea, así como a Radio Galega, emitirá unha serie de spots promocionais da Festa do Pulpo durante toda a semana.
A difusión tamén se realizará a través da Cadena Ser e Cadena Cope, e nos principais diarios de prensa da provincia e de Galicia.
Tanto para o propio domingo da festa, o 13 de agosto, como para a Tapa Xigante, está previsto que acudan á Praza Maior do Carballiño varias cadenas de televisión así como de radio e axencias de noticias para informar dos eventos.