Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición: «48 momentos con Manuel María»

8 julio, 2016 - 30 julio, 2016

O vindeiro 8 de xullo, ás 19 horas, a Sala de Exposicións de Verín acolle a inauguración da mostra ”48 momentos con Manuel María”. Para iso cóntase coa mostra obras de Martínez Coello e dos artistas invitados: Antía Blanes, Marilar Salgado, Tareixa Taboada, Nesliah Özgenç, Antonio Souto, Tony Ferrer, Alejandro Ciurluini e Cándido Caneiro. Devandita mostra, estará exposta na Sala de Exposicións de Verín do 8 ao 30 de xullo.

Nesta exposición – organizada por Martínez Coelho coa colaboración do Concelllo de Verín, entre outros –presentarase e exporá o selo que a FNMT puxo en circulación sobre Manuel María baseado nunha das obras do proxecto “48 Momentos…” de Martínez Coello, promovido pola Sociedade Filatélica Miño. Como broche para a devandita exposición presentarase ademais o libro de XM do Caño “Conversas con Manuel María”, considerada unha das obras biográficas máis completas de Manuel María, ao que acompaña un CD con entrevistas, discursos, cancións e material gráfico do proxecto “48 Momentos…”.

Co título, “48 momentos con Manuel María”, Martínez Coello, pintor e crítico de arte, quere render homenaxe ao poeta galego Manuel María, por motivo da dedicación do ano das Letras Galegas 2016. Nesta colección de 48 debuxos en técnica mixta, Martínez Coello quixo lembrar outros tantos momentos da vida do xenial escritor e sobre todo revivir os momentos con el gozados, facendo así unha particular homenaxe para ser compartido noutros 48 espazos culturais que se sumaron a esta xusta distinción.

Martínez Coello á vez que expón a obra “48 momentos con Manuel María” fai á súa vez unha invitación persoal a artistas do lugar nos que se celebre dita exposición e doutras partes, promovendo actos culturais tales como recitais, presentación de libros, concursos, etc. Preténdese ademais, que tanto artistas como patrocinadores poñann valor a obra literaria de Manuel María cos seus medios respectivos, os artistas coas súas creacións e os patrocinadores coa axuda que poidan achegar ao proxecto.

Detalles

Comienza:
8 julio, 2016
Finaliza:
30 julio, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Sala de Exposicións de Verín
r/Irmáns La Salle
Verín, Ourense 32600 España
Teléfono:
988 41 16 14