Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición: «Cenlle: Terra, Xente, Viño»

5 octubre, 2016 - 23 octubre, 2016

A exposición “Cenlle: Terra, Xente, Viño”, que reúne imaxes do fotógrafo Matteo Bertolino, inaugurarase o vindeiro mércores día 5 ás 19.00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, onde poderá visitarse ata o 23 de outubro. A iniciativa nace co obxectivo de dar a coñecer este municipio e os seus caldos e, tras o seu paso pola capital da provincia, viaxará a outros puntos da xeografía española.

Con esta selección de fotografías o visitante descubrirá a estreita vinculación deste territorio co viño, os valores patrimoniais e os elementos culturais e turísticos de Cenlle. A este respecto, Bertolino destaca que “a idea de fondo” da iniciativa, dirixida polo investigador Oleg Lazovsky, pasa por difundir “máis aló do Ribeiro e de Ourense” a actividade dos profesionais do viño, a “calidade do produto” que ofrecen e os atractivos desta zona da comarca do Ribeiro.

O Concello de Cenlle promove esta iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro e a Deputación de Ourense. Tamén participan unha decena de adegas  da zona.

Fotografía e catas: Dobre experiencia

A proposta de “Cenlle: Terra, Xente, Viño”, vai alén da fotografía, pois incluirá unha serie de catas de viños de adegas locais. Segundo apunta Bertolino, trátase de gozar “unha dobre experiencia, visual e de padal”.

De forma paralela á mostra ourensá, haberá catas os xoves 13 (con viños de Cuñas Davia), 20 (con viños de Quinta do Rebolo) e 27 de outubro (con viños de Priorado de Razamonde), as cales se desenvolverán no local A Brava.

Detalles

Comienza:
5 octubre, 2016
Finaliza:
23 octubre, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación
r/ Progreso, 30
Ourense, Ourense 32003 España
Teléfono:
988 317 895
Ver la web Local