Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición: «Manuel María, beleza, amor e compromiso»

2 diciembre, 2016 - 18 diciembre, 2016

A Casa dos Poetas, sede da Fundación Curros Enríquez na rúa Curros Enríquez de Celanova, acolle dende o 2 ao 18 de decembro a exposición ‘Manuel María, beleza, amor e compromiso (1929-2004)’ da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración da Casa-Museo Manuel María.

En horario de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 e festivos de 11.00 a 13.30, poderá visitarse de forma gratuíta.

A mostra, formada por 12 paneis, aborda de xeito gráfico a personalidade do autor e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais. Afóndase en cuestións como identificación do poeta coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa participación na vida política ou a súa poesía intimista, entre outros.

Detalles

Comienza:
2 diciembre, 2016
Finaliza:
18 diciembre, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Casa dos Poetas
Rúa de Curros Enríquez, 37,
Celanova, Ourense 32800 España
+ Google Map