Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición OF: «City portraits» de Víctor Enrich

17 noviembre, 2016 - 4 diciembre, 2016

Este ensaio chega ao Outono Fotográfico da man do festival Encontros da Imagem (Braga, Portugal) co que o festival galego ten desde hai anos unha parcería e un camiño común feito a base de colaboracións de distinta índole. Un dos intercambios establecidos entre os dous festivais, é cedérense entre eles o Premio de cada ano. É por este motivo que o Emergentes DST fai parte da programación do Outono Fotográfico, e o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é integrado no ciclo de exposicións
dos Encontros da Imagem. O traballo de Víctor Enrich foi o elexido entre decenas de ensaios fotográficos na pasada edición do festival luso.

«City portraits (2007-2012)» é unha serie de imaxes resultado da selección dunha máis ampla reportaxe fotográfica realizada durante unha viaxe que durou seis anos e que levou a Víctor Enrich a visitar a Europa central e o Medio Oriente.

Detalles

Comienza:
17 noviembre, 2016
Finaliza:
4 diciembre, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Museo Municipal de Ourense
Rúa Lepanto, nº 8
Ourense, Ourense 32005 España
Teléfono:
988 248 970
Ver la web Local