Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Cervantina»

1 octubre, 2016 @ 8:30 pm - 10:00 pm

12€ – 20€

Cervantina é unha nova aproximación de Ron Lalá ao universo creativo do maior autor das nosas letras. Textos diversos, versos, versións e diversións ao redor dun dos xenios indiscutibles da literatura universal.

Unha festa de pezas breves que reúne sobre o escenario as adaptacións “ronlaleras” dalgunhas novelas exemplares e entremeses, ademais de fragmentos de pezas menos coñecidas como o Persiles, a Galatea, a Viaxe do Parnaso. Unha homenaxe e un encontro coa arte lúcida, lúdico, hilarante e profundamente humano do autor do Quixote… entre outras obras mestras que urxe redescubrir.

Unha celebración do mellor Cervantes, eterno e próximo, con sabor ao inconfundible selo de Ron Lalá. Despois do rotundo éxito internacional de En un lugar do Quixote, a compañía dá un paso máis na súa exploración do mundo literario cervantino a través das ferramentas da súa linguaxe escénica: o humor, a poesía, o ritmo desenfreado, a música en directo… Un diálogo aberto e sen complexos para contaxiar aos espectadores a risa intelixente, sensible e fonda de Miguel de Cervantes.

Detalles

Fecha:
1 octubre, 2016
Hora:
8:30 pm - 10:00 pm
Precio:
12€ – 20€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local