Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Un Támega de conto, contacontos e manualidades

3 febrero, 2017

O vindeiro venres 3 de febreiro, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará a actividade: «Un Támega de conto», no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e unha manualidade que, coma non podía ser doutro xeito, será un peixe feito con materiais reciclados. A actividade será coordinada por nenos voluntarios, de entre 9 e 17 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624, ou ben por email: biblioteca@verin.gal.

Detalles

Fecha:
3 febrero, 2017
Categoría del Evento:

Local

Biblioteca Pública de Verín
Av. de Portugal, 11
Verín, Ourense 32600 España
Teléfono:
988 41 36 24