O Ribeiro

Castrelo conmemora o Día da Muller con variadas actividades

Castrelo conmemora o Día da Muller con variadas actividades

Co gallo do Día internacional da Muller Traballadora, este mércores, 8 de marzo, as concellerías de Deporte e Educación e a de Benestar do Concello de Castrelo de Miño organizan varias actividades para conmemorar tal día. Reivindicando así o papel da muller na sociedade en prol da consecución da igualdade co home. As actividades están […]

As obras de recuperación dunha senda fluvial mellorarán o acceso ao río Avia, en Leiro

As obras de recuperación dunha senda fluvial mellorarán o acceso ao río Avia, en Leiro

O proxecto consiste na recuperación dun tramo de senda na marxe dereita do río Avia, de 193 metros de lonxitude, que actualmente ten unha pasarela de madeira apoiada en pilas de formigón, cuxa estrutura se atopa en mal estado de conservación. O investimento previsto para esta obra ascende a 310.000 euros, achegados nun 32% polo […]

Castrelo de Miño, na rede Cidades Amigas da Infancia

Castrelo de Miño, na rede Cidades Amigas da Infancia

O alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Myriam Garabito e a concelleira de Deporte e Educación, María Isabel Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro en Castrelo no que asinaron o convenio de adhesión do municipio á rede de UNICEF de Cidades Amigas da Infancia (CAI). O convenio subscrito hoxe […]

Campionatos de España de Remo

Campionatos de España de Remo

O municipio de Ribadavia acollerá o XVI Campionato de España de Remoergómetro, que se desenvolverá no polideportivo Municipal, mentres que Castrelo de Miño acollerá a proba do VII Campionato de España de Fondo – Trial de Inverno a celebrarse nas instalacións do Centro Náutico deste municipio. En canto á participación, daranse cita entre as dúas […]

Cros de Ribadavia

Cros de Ribadavia

O vindeiro domingo, 29 de xaneiro, celebrarase o Cros de Ribadavia 2017 no que se disputará o Campionato de Galicia de Campo a Través Absoluto, Promesa e Junior, Individual e por Equipos. Con motivo da celebración, este ano, da 82 edición do campionato masculino e da 50 edición feminina, a Deputación de Ourense e a […]

Castrelo de Miño aprobará as bases para o aluguer de vivendas baleiras

Onte luns reuníronse na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Santiago de Compostela, a arquitecta municipal e a traballadora Social do Concello de Castrelo e o director Técnico do organismo autonómico, Andrés Iglesias López, con vistas a aprobar as bases que rexerán o futuro programa de aluguer de vivendas baleiras. O mencionado […]

Melloras de accesibilidade en Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño iniciou esta semana unha serie de actuacións encamiñadas á mellora da accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas na contorna do Parque Náutico de Castrelo, na piscina municipal e no albergue, cumprindo coa normativa sectorial que obriga a concibir como universal o deseño e os accesos a todos os […]

Escola de familias, en Castrelo de Miño

Escola de familias, en Castrelo de Miño

O Concello de Castrelo de Miño, dentro do Departamento de Servizos Sociais e, en particular, do recente Programa de Educación Familiar, iniciará este mércores día 18 ás 17:30 no Salón de Actos do concello a “Escola de Familias”, unha nova iniciativa que persegue crear un espazo formativo e de encontro entre os pais e nais […]

Reunión do presidente da Deputación co prior de Oseira

Reunión do presidente da Deputación co prior de Oseira

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao prior do mosteiro de Oseira, Alfonso Lora, con quen analizou temas referidos ao patrimonio cultural, arquitectónico e histórico da provincia de Ourense. Sinaladamente, Baltar e Lora analizaron a situación actual da abadía, as necesidades de mellora do cenobio […]

Queixas do PP de Ribadavia contra o Concello

Dende o grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia denuncian que os comerciantes e usuarios da praza de abastos sinalan a falta de limpeza desta instalación nas últimas semanas. O PP di que lle transmiten que dende que se atopa de vacacións o traballador que habitualmente limpa esta instalación, o goberno municipal non foi quen […]

1 2 3 7