O PP criticou a falta de rigor e humildade do Goberno municipal á hora de asumir o fracaso da cabalgata de Reis.

Para o seu voceiro, Rosendo Fernández, o máis grave foi a “incapacidade de reacción por parte do grupo de goberno ante unha incidencia “que debe ser analizada para que non volva suceder.

«Tamén destacamos a falta de seriedade e rigor á hora de explicar a situación e, sobre todo, a falta de humildade para pedir perdón. As familias ourensás que estiveron pasando frío durante horas nas rúas agardando polos Reis Magos merecen unha explicación contundente”, consideraron os populares.

“En calquera outra cidade, e xa non digamos país de Europa, a responsable dun desastre como o do luns tería dimitido ou sido cesada de inmediato», aseverou o portavoz popular.

O Grupo Municipal do PP de Ourense presentou por escrito unha solicitude de información acerca da contratación e custo da cabalgata e carrozas.