O da Unión Deportiva Ourense é para enmarcar. Vitoria por 0-9 ante o Loureiro (no Mirador) no último encontro dunha primeira volta de ensoño.

A Unión Deportiva Ourense viaxaba ata Loureiro para xogar o partido da xonrada número 15 na Terceira Rexional grupo 13.
Foi ao borde da media hora de encontro cando Adolfo logrou o primeiro tanto da tarde. Minutos máis tarde, de novo Adolfo facía o segundo tanto.
Xa na segunda metade, e cando os folgos dos locais minguaron, chegaría a avalancha de ocasións que se convertiron en sete goles máis. Fran Álvarez abriu a lata na segunda parte. Uníronse a festa Julio Salgado, de penalti; Roberto Almeida; Roberto Dacosta; Lucas Nieto; Santi e un gol en propia porta para rematar unha primeira volta impecable.

Números de escándalo
Nesta primeira volta a Unión Deportiva Ourense ten números que non o iguala ningún equipo en España. En 14 partidos (15 xornadas disputadas) os de Antonio Dacosta lograron 85 goles a favor e tan só 5 en contra. 42 puntos de 42 posibles. Catro dos seus xogadores están ao fronte da clasificación de goleadores. A saber, Xaco (13 goles); Julio Salgado; Adolfo e Roberto Almeida, os tres con 12 tantos.
Agora queda saber se a segunda volta será igual de espectacular que a primeira.

O Couto
Xa está confirmado que este mércores ás 16.30 horas haberá unha reunión da directiva da UD Ourense con representantes da Xunta de Galicia. O tema non será outro que o convenio sobre a utilización dos estadio do Couto. Todo fai indicar que as negociacións chegarán a bo porto e que a UD poderá xogar o 25 de xaneiro -e ata final de tempada- contra o Peroxa B no templo do fútbol ourensán.