A Liga galega de salvamento acuático deportivo en augas pechadas está chegando ao seu final. Esta fin de semana disputouse a cuarta e penúltima xornada da liga onde medíronse os once mellores clubs de Galicia.

 Preto de 400 deportistas déronse cita na piscina municipal de Carballo (A Coruña). O club ourensán do Salvour (único equipo de interior de toda Galicia) participou nesta ocasión con dous dos deportistas de categoría infantil. Participaron nas probas de 100 metros obstáculos e 50 metros de rescate de manequín con aletas. Na proba dos obstáculos o mellor ourensán foi Samuel Iglesias Méndez cunha marca de 1’49”27 na que Xián Breogán Rodríguez fixo un tempo de 1’59”40.
Na outra proba (50 metros), Xian Breogán fixo unha marca de 51”71 e Samuel Iglesias quedou a tan só unha décima (51”83).

Vindeira cita
A próxima xornada será o 31 de xaneiro, tamén en Carballo, onde se competirá en todas as categorías: alevín (25 arrastre de manequín estanco), infantil (50 socorrista e 25 rescate de manequín), cadete (100 metros supersocorrista) e os maiores -xuvenís, júniors e séniors- (100 metros socorrista, 100 metros de rescate con aletas e 50 metros rescate de manequín).