O Círculo Poético Ourensán, coa colaboración da Concellaría de Educación do Concello de Ourense, convoca o IV concurso de poesía inédita para alumnos e alumnas dos colexios de Primaria e da ESO da cidade de Ourense.

O lema desta edición será «Cando falo de Ourense o meu corazón dime…».
Os participantes só poderán concurrir cun poema, en galego ou en castelán, o cal deberá ser inédito, non premiado noutros certames e que non estea integrado noutro concurso, cunha extensión máxima de 40 versos, en folla tamaño carta, por unha soa cara a dobre espazo en letra arial 12, ou ben en formato dixital.

Bases
A obra presentaranse baixo pseudónimo ou lema, que figurará na primeira páxina así como no exterior da plica, como única identificación. No interior da devandita plica achegaranse os seguintes datos: nome e apelidos, dirección e correo electrónico, teléfono, breve nota biográfica e colexio ao que pertence.

O poema entregarase na recepción do Hotel Francisco II, rúa Bedoya n.º 17 – Ourense-, ou nas oficinas de cada Colexio participante e a data límite de entrega de traballos será o 31 de xaneiro de 2015. Os resultados  daranse a coñecer o 11 de abril do 2015 nun acto público con participación de todos os concursantes que terá lugar na Escola de Artes Escénicas do Concello de Ourense, rúa da Canle nº 4 (ao lado do Auditorio).

As bases do concurso poderán consultarse nos colexios ou ben na páxina web www.circulopoeticoorensano.com.