A Executiva Municipal Socialista únese as queixas sobre a «gravísima situación de desprotección sanitaria na que moitos e moitas ourensáns se atopan cando acuden aos centros sanitarios do SERGAS, especialmente ao Servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU)».

Os socialistas solidarízanse cos afectados nun manifesto no que recoñecen a profesionalidade e adicación «abnegada» dos profesionais sanitarios, e cargan as tintas contra as «políticas de recurtes salvaxes nos servizos públicos polos gobernos do Partido Popular». Censuran os responsables políticos da Xunta e da Consellería de Sanidade e aos xestores que executan os recurtes nos centros sanitarios, esixíndolles «un trato respectuoso e digno aos pacientes e profesionais» devolvéndolles «medios humanos e materiais».

Outras das peticións é a de solicitar unha comparecencia no «Parlamento de Galicia do Presidente da Xunta, Sr. Núñez Feijóo, para a asunción de responsabilidades polo deterioro constante da asistencia sanitaria».

Tamén desde a executiva socialista apoian «ás organizacións sindicais, profesionais e cidadás que veñen denunciando esta situación» e os instan a que esixan unha «asistencia sanitaria pública e de calidade para todos e todas, que nunca se debeu ter perdido».