O Cidade As Burgas cae contra o Burela 1-2 na semifinal da Copa Xunta. O partido celebrado nos Remedios estivo moi disputado durante os 40 minutos.

As de Manolo Codeso cedéronlle o balón ás lucenses, en parte, por que Iria Saeta non estaba na convocatoria; a internacional lesionouse no encontro contra o Majadahonda e estará no dique seco aló menos 10 días.
A pesar de non controlar o tempo do encontro as ourensás dispuxeron de ocasións na primeira metade. Froito desas ocasións Vanessa Sotelo lograba adiantar ás franxiverdes tras finalizar unha boa xogada entre Peke e Sonia. Co 1-0 chegaríase ao descanso.

Na reanudación, o Burela adiantaría liñas en busca do empate. Este o lograría no ecuador do segundo tempo, obra de Peque.
A falta de dous minutos, a xaponesa Shiori lograba desfacer a igualada en prol das da mariña. As locais reclamarían unha falta a Sonia previa ao segundo gol.

Ourense CF
A outra semifinal a disputan a semana que vén o Ourense Envialia e o Amarelle en terras herculinas. Burela agarda ao vencedor.