No número de xaneiro de Barrios informamos da posta en liberdade con cargos aos autores dunha agresión nun bar en Verín, así como recollemos en imaxes as Cabalgatas de Reis de Verín, Celanova e Xinzo.

Tamén damos conta de como van as obras do Centro Cultural das Artes de Verín, do inico das obras de renovación da rúa Jacinto Santiago en Vilardevós e das previsións para a mellora da depuradora de Xinzo.


Os orzamentos deste ano en Vilar de Santos, os xardíns que conformarán a edición 2015 do Festival de Xardíns de Allariz e a gala que repartirá os premios do concurso O Bosque Máxico organizado pola Asociación O Vieiro Leboreiro son outros dos contidos informativos.

E informamos de como o entroido quece motores nas capitais das comarcas de Monterrei e A Limia, onde xa presentaron os carteis que anuncian a festa.

A actualidade deportiva, os artigos dos nosos colaboradores e moito máis, dispoñible para consulta on line aquí.