O vindeiro venres 23 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Universo, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.

 

A mesma está destinada a un máximo de 20 socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre cometas, planetas ou estrelas, e como manualidade un astronauta -os participantes deberán traer unha cartolina negra, unha foto propia tamaño carné e goma eva branca-. Ademais, durante esta mesma xornada, os menores comezarán a elaborar un mural que decorará as instalacións da biblioteca verinense e que estará conformado por “avatares astronautas” doss asistentes ás sesións de contacontos e voluntarios nas mesmas. As dúas actividades serán coordinadas por voluntarios, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 414 776.