José Ramón Fernández Morgade atribúe a «razóns profesionais» á súa decisión de renunciar á súa acta de edil no Concello de Ourense, que lle correspondería en substitución de Áurea Soto.

Segundo el mesmo explica nun comunicado aos medios de comunicación,  a súa decisión «non foi doada». «Por unha parte estaba o meu compromiso cos meus compañeiros e compañeiras de partido que actualmente están a desenvolver tarefas de goberno nunha situación verdadeiramente difícil», e pola outra, a súa faceta profesional «que nestes momentos me require máxima dedicación».

Ao final o profesional pesou máis que o político e Fernández Morgade, director financieiro de OCASA, cede o paso ao seguinte na lista socialista, «vista a imposibilidade, por razóns profesionais, de poder dedicarlle o mínimo de tempo que unha responsabilidade como concelleiro require». «Sempre crin que en política, así como en outras facetas da vida, o mais importante non son as persoas senón os grupos e considero que neste momento debo deixar paso a outra xente que poida achegar máis dedicación que a que eu podo dar», prosegue o seu escrito.