No número 112 do Barrios Deportivo destacamos en portada o bo momento do deporte ourensán.

O COB que está imparable na Liga Adecco Ouro na que marcha como líder. O Pabellón Ourense de Primeira Autonómica masculina colleu un bo ritmo e está a escalar posicións na clasificación. E a UD Ourense que continúa imbatida na Terceira Rexional.


Tamén sacamos a portada ao Clun Natación Pabellón Ourense quen está inmerso en competición como as xornadas da Copa Deputación e a Liga de clubs.
Seguindo na auga, o Club Salvou organizará en Ourense o Campionato Galego absoluto de salvamento.
En canto ao atletismo, xa está todo listo para que o 31 de xaneiro dispútese en Ribadavia o Campionato Provincial de campo a través.

En fútbol falamos do bo momento do Barbadás, equipo que encadea dúas vitorias consevutivas. En fútbol sala continúa a boa marcha dos dous equipos ourensáns da Primeira División no que o Cidade marcha segundo e o Ourense CF é sétimo.

Outro dos apartados deste número son o de practicar activamente o deporte. Mentres que dende a Universidade animan a matricularse nas escolas eportivas, o Consello Municipal de Deportes ven de aprobas as tarifas para este ano.
Todo isto e moito máis no número 112 do Barrios Deportivo.

Podes consultalo periódico online, aquí