A Unión Deportiva Ourense logrou unha nova vitoria, esta vez ante o Peroxa B por cinco goles a cero. Con marcha de Segunda Rexional vai a UD cada vez que salta a un terreo de xogo. Nesta ocasión a vítima foi o filial do Peroxa quen sufriu a calidade dos xogadores unionistas.

Uns 1.000 afeccionados reuníronse no estadio do Couto para alentar ao seu novo equipo. Un equipo que nas 16 xornadas disputadas leva 48 puntos. Os capitalinos cada vez teñen máis preto o ascenso se temos en conta que sácalle 19 puntos ao cuarto clasificado (este non ascende), o que supón seis partidos de diferenza.

En canto ao partido, o mesmo púxose de cara aos cinco minutos co gol de Julio Salgado. Roberto Almeida uniríase á festa goleadora con dous a cero. Ao filo do descanso, Xaco encarrilaba o triunfo co terceiro tanto. Anteriormente Adolfo fallara un penalti (o segundo en dúas xornadas consecutivas).

{gallery}stories/deportes/20150125_udo_peroxab{/gallery}

No segundo tempo, Antonio Dacosta deu entrada a xogadores de refresco, entre eles, Santi e Chechu que sería protagonistas.

Selfie de Santi
Santi é habitual na faceta goleadora. O dianteiro, saíndo desde o banco, leva nove goles en oito encontros. No partido contra o Peroxa B tivo a idea, xunto coa fotógrafa Yedra Seara de facerse un selfie coa bancada ao fondo. Santi lograba o cuarto tanto da tarde, mentres que Chechu pechaba a goleada co quinto gol.

Ribadavia Atlético
A UD ten unha importante cita a vindeira xornada. Visita no Xestal ao Ribadavia Atlético. Os do Ribeiro ocupan a cuarta posición, a que marca o ascenso. Con 29 puntos están a 19 dos ourensáns polo que unha vitoria suporía ter máis preto o ascenso.