O deputado socialista anuncia que presentará novas probas na comparecencia ante o TSXG o 3 de febreiro.

 

Ante o Auto emitido polo Maxistrado Instructor do TSXG en que acorda procesar ao parlamentario autonómico Pachi Vázquez, este anuncia que recurrirá o auto de procesamento «por entender que a información remitida polo Concello do Carballiño ao maxistrado do TSXG é incompleta».

Pachi Vázquez anuncia que na comparecencia ante o tribunal prevista para o vindeiro 3 de febrero presentará «novas probas de expedientes administrativos de persoas que figuran no listado incluído neste procedemento, e que demostran a legalidade das contratacións. Estes expedientes, xunto cos demais, que foron solicitados ao concello do Carballiño hai xa tres meses, obtivéronse nos últimos días e ían ser entregados no TSXG precisamente mañá (polo martes 27)».

O deputado socialista remata o seu comunicado reiterando a súa confianza na xustiza e «en que este procedemento se resolva canto antes de xeito favorable».