Na División de Honra o representante ourensán, Xadrez Ourense A, acadou unha nova vitoria tras superar ao Círculo das Artes por 2–4.

As vitorias parciais de Adrián Gómez, Antonio Díaz e Carlos Novais, xunto cos empates de Jorge Viterbo e Fernando Sánchez, fixeron posible que os ourensáns sigan recuperando posicións na máxima categoría e situándose xa entre os primeiros clasificados da División de Honra despois de tres xornadas disputadas. Na vindeira xornada o Xadrez Ourense A recibirá ao actual líder, o Círculo Ferrolano que ven de derrotar por un contundente 6–0 ao Kárpov de Pontevedra.

Na Primeira División, os equipos ourensáns correron sorte dispar, destacando as victorias a domicilio do Universitario de Ourense ante o Alekhine de Vigo por un contundente 0-4, mentres que o Xadrez Ourense C vencía en terras de Mondariz ante o Marcote por 1-3. Pola súa parte no derbi local o Liceo  Recreo e o Casa da Xuventude empataban 2-2. Peor sorte corrían o Ateneo de Ourense e o Xadrez Ourense B que perdían respectivamente ante Peña Recreativa por 0.5 a 3.5 e ante o Xadrez Bueu por un rotundo 4-0.

Na Segunda División autonómica hai que salientar a positiva xornada, en liñas xerais, para os conxuntos ourensáns. Cabe salientar as victorias a domicilio do Universitario de Ourense B en Nigrán por 1.5 a 2.5, a do Xadrez Bande en terras do Deza ante o Lalín B por 1-3, e a do Xadrez Celanova en Chantada ante o Circulo B por un axustado 1.5 a 2.5 Celanova. Pola súa parte o xoven conxunto do Xadrez Ourense D lograba impoñerse pola mínima (1.5 a 2.5) en Salceda de Caselas ante o Altamira por 1.5 – 2.5. Pola súa banda o  Deportivo Universitario de Vigo derrotaba 3-1 ao Xadrez Loureiro de Ourense.

Na Terceira División tiveron lugar, entre outros encontros, dous emocionantes derbis provinciais, O Casa da Xuventude “B” vencía ao Benchoshey Sénior por un apretado 2.5 – 1.5, mentres que en terras de Pereiro de Aguiar o encontro entre os xóvenes conxuntos do Benchoshey Kaspárov e o Xadrez Ourense E saldábase coa victoria dos visitantes por 0.5 a 3.5.