O 22 de febreiro a partir das 11 horas celebrarase a primeira edición do Miño Radikal. Unha proba que consiste en superar todo tipo de obstáculos ao longo dun circuíto de 3,5 quilómetros ao cal hai que dar dúas voltas para completar sete quilómetros.

Desde o Consello Municipal de Deportes tiveron que ampliar a oferta e pasar dos 400 participantes previstos aos 500 final; a demanda foi tan grande que tiveron que ampliar esas 100 prazas.

Como é unha proba de obstáculos e nalgunha zona hai que reptar, todos os participantes deberán levar o seu dorsal nas costas. Subir unha parede, pasar por uns neumáticos, atravesar uns cilindros serán algúns dos obstáculos que deberán superar os participantes.

O centro neurálxico do evento será no parque da Ponte, sendo a saída ás 11 horas. Pódese participar de forma individual ou por equipos mixtos de catro persoas (alomenos unha persoa dun dos sexos).
Para máis información e inscrición pódese consultar na web do Consello Municipal de Deportes: deportesourense.com.

Clasificacións e premios
Haberá dúas modalidades: individual e por equipos mixtos.
Clasificación xeneral individual por tempo neto: masculina e feminina.
O primeiro de cada categoría levara trofeo e 200 euros en material deportivo; o segundo home e segunda muller, trofeo e 150 euros en material deportivo e os terceiros trofeo e 100 euros en material deportivo.
Na clasficación por equipos mixtos sumarase os tempos netos dos catro integrantes e gañará o equipo que menor tempo total sume. Haberá trofeo para os tres primeiros equipos. Os integrantes dos equipos tamén optan á xeneral individual.
A entrega de trofeos terá lugar no Parque da Ponte ás 13.30h, en función de criterios organizativos.