Romero, Fernández e Pumar, do PP

Poderanse enviar a través da web ou ao teléfono 635 92 92 92 por whatsapp.

O coordinador do Comité de Campaña do PP, Jorge Pumar, así como os responsables dos Programas Electorais, Cristina Romero e César Fernández, explicaron en rolda de prensa os novos mecanismos web para achegar propostas, así como un número de teléfono (635 92 92 92) para envialas a través de whatsapp.

O coordinador de Programas Electorais Locais, César Fernández, explicou que, por primeira vez na historia, o PPOU presentará á cidadanía un Programa Marco Electorial Provincial, cunha visión integral da provincia de Ourense. «De feito, xa na Convención Provincial de Candidatos, que celebramos o pasado 20 de decembro no Carballiño, o noso presidente provincial, Manuel Baltar, anunciara que ás 11 horas do 31 de marzo, día no que se publicará no BOE a convocatoria das Elección Municipais, presentará formalmente como candidato á Presidencia da Deputación Provincial o seu programa electoral», dixo César Fernández. «Calquera persoa que queira colaborar na redacción dos programas electorais, provincial e locais, do PPOU poderá facelo. Queremos programas electorais abertos e participativos, que recollan todas as propostas que nos acheguen os ourensáns. Propostas que o PP de Ourense asumirá, asinará e se comprometerá a cumprir».

César Fernández avanzou que o PPOU ten fixados cinco eixos fundamentais e comúns a todos los concellos da provincia sobre os que pivotará o Programa Marco Electoral Provincial: transparencia, emprego, xuventude, servizos sociais e turismo cultural.
«Estes eixos poderán ser completados ou complementados con todas as achegas que nos transmitan os cidadáns e os propios alcaldes e candidatos. Entendemos que a participación da cidadanía é clave para acadar un programa electoral provincial, así como os programas electoriais locais, que aglutinen todas as sensibilidades e as demandas que máis preocupan aos cidadáns no tocante ás administracións locais e provincial. E para elo, tampouco esquecemos a formación no que a novas tecnoloxías se refire, onde o PPOU é a forza política que máis se achega aos ourensáns, non só no contacto presencial coa xente, senón a través tamén das redes sociais e das ferramentas web que poñemos a disposición de todos os cidadáns da provincia», matizou César Fernández.

Por último, o coordinador do Comité de Campaña do PPOU, Jorge Pumar, explicou que o Partido Popular de Ourense está en permanente contacto cos cidadáns, tanto a través do trato persoal como nas redes sociais. «Así se demostra nesta aplicación de «Programas Electorais Participativos» que temos na nosa web dende a Convención Provincial de Candidatos, o 20 de decembro. «Dende aquela recibimos múltiples ideas e suxerencias para a elaboración tanto do Programa Marco Provincial como dos 92 concellos. A esencia da política hoxe é a mesma, pero agora existen novas canles de comunicación que o Partido Popular de Ourense quere aproveitar ao máximo para estar en contacto permanente cos cidadáns, polo que ademais da aplicación web, tamén poñemos en marcha a partir de hoxe un número de whatsapp (635 92 92 92) para que calquera persoa poida aportar a súa idea ou suxerencia para o seu concello ou para a provincia».

Por último, Jorge Pumar manifestou que «nos gustaría que os cidadáns se animen a aportar a súas ideas ou suxerencias xa que os programas teñen que ser fiel reflexo das demandas e necesidades dos veciños. Todo isto é complementario o labor que vén desenvolvendo o Partido Popular de Ourense, de estar en permanente contacto cos veciños, e así durante o próximo mes teremos reunións por partidos xudiciais con todos os alcaldes, portavoces e presidentes locais».