No número de xaneiro facémonos eco da dimisión de Áurea Soto e da visita da ministra de Fomento á praza de Abastos da Ponte, e entrevistamos a dúas directivas da Asociación de Veciños Casco Vello.

Ademais, recollemos as explicacións que deu a xerente da Área Integrada de Ourense sobre a situación do complexo hospitalario nas últimas semanas, informamos da adxudicación do centro de saúde do Couto, e incluímos unha noticia sobre a alerta do BNG sobre o Plan de Emprego de Ourense, do que non se sabe nada case un ano despois de que se aprobara en pleno requerir á Xunta os informes necesarios para a súa posta en marcha.

{source}
<div data-configid=»1855120/11159989″ style=»width:550px; height:464px;»

class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript»

src=»//e.issuu.com/embed.js» async=»true»></script>
{/source}

Unha entrevista ao actor ourensán Jorge Varandela, que triunfa en Madrid coa obra «El triángulo azul» do Centro Dramático Nacional, é outro dos contidos destacados deste número.

Non faltan tampouco os artigos dos nosos colaboradores, as imaxes do mes e a actualidade deportiva.

Todo isto e máis, dispoñible para consulta on line aquí.

Tamén podes descargar o periódico en pdf aquí.