O establecemento, a cargo da Comisión de Festas e que abrirá ao público o 2 de febreiro, estará ubicado este ano na praza Maior da localidade, na antiga Mercería Lomar.

Por oitavo ano consecutivo, a Comisión de Festas do Entroido decidiu promocionar a súa ancestral celebración a través da apertura dun establecemento na que se venderán produtos promocionais desta festa, declarada de Interese Turístico Nacional no ano 2009.

Nesta edición o establecemento cambia de situación desde a rúa Lisa ata a praza Maior. O novo local de venda de produtos promocionais do Entroido estará situado na antiga Mercería Lomar, un espazo cedido polos propietarios do mesmo, a quenes os Concello lles agradece o xesto.

Entre os produtos que se poderán adquirir no seu interior, a partir do luns 2 de febreiro, atópanse sudadeiras (16 euros), camisetas (8 euros), bufandas polares (3,50 euros), pañoletas (1 euro) ou chapas (1 euros), entre outros.

O establecemento estará aberto ata o Martes de Entroido, de luns a domingo, de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. E no interior da mesma, inclúese unha pequena exposición de fotos antigas do Entroido de Verín.