Consistirán en clases de spinning, aero box e aero tono. Os interesados en inscribirse nestas ou outras actividades poden facelo nas propias instalacións os sete días da semana.

 

A área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín, co obxecto de seguir mellorando o servizo ofertado aos usuarios, amplía a oferta de grupos nas actividades deportivas na piscina climatizada do Concello de Verín para a tempada 2014-2015. Aos xa ofertados con anterioridade, súmase tres novos nos seguintes horarios: spinning (luns e mércores de 08.30 ás 09.15 horas), aero box (martes e xoves, de 21.15 ás 22 horas) e aero tono (martes e xoves, de 19.45 a 20.30 horas).

As persoas interesadas en inscribirse nestes grupos e noutros dos ofertados nesta instalación deportiva poden realizalo no horario aberto ao público da Piscina Climatizada, de de luns a venres (07.30 a 12.30 e 16.00 a 23.00 horas), sábado (09.00 a 13.00 e 16.00 a 20 horas) e domingo (10.00 a 13.00 horas).

En total, os cursos que se ofertan esta tempada son: natación (adultos, bebés, infantil e colectivos), aquagym, wellness, aerotono, zumba, pilates, spinning e tonificación muscular (G.A.P.), ademais das novidades power-dumbell, step, aero-box e tonificación.

Os prezos para participar nos mesmos varían en función de se o inscrito está empadroado en Verín ou non, así como se se apunta de xeito individual ou coa familia. Así mesmo, hai descontos para xubilados, estudantes e desempregados. Na propia piscina municipal todos os interesados poden obter os prezos detallados.