Repróchanlle ao conselleiro “a súa participación activa na desaparición de Física” do campus ourensán.

 

Ante a posible confirmación do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, como candidato do PP á alcaldía de Ourense, a Plataforma Pro Campus vén de facer pública a súa opinión. Nun comunicado, tachan de “insulto con maiúsculas aos ourensáns” que o titular de Educación se presente ás municipais. “Quen pode crer que unha persoa que ten ninguneado unha demanda social, institucional e política tan clamorosa como a de Física vai defender os intereres de Ourense?”, pregúntanse.

Segundo o balance que fai a Plataforma Pro Campus, Vázquez foi “peza clave para poñer fin por procedemento sumario á Licenciatura de Física do campus de Ourense, outorgándolle a exclusividade destes estudos en Galicia á Universidade de Santiago de Compostela”. “Se mire como se mire, a súa participación activa na desaparación de Físicas é contrastable”, engaden, recordando que en 2009 o conselleiro “en contra da vontade popular” decidiu facerlle caso ao Consello Galego de Universidades para así pechar a Licenciatura de Física.

Este colectivo recalca que na primavera do pasado ano o político popular “repetiu tropelía” co Grao en Enxeñaría Física. “De nada valeron as mais de 10000 firmas de cidadáns nin os oito pronunciamentos unánimes de Concello e Diputación a favor duns estudos de Física que se conseguiron en 1994 trala histórica macromanifestación na que 25000 ourensáns sairon á rúa reclamando un trato digno para o noso Campus.