A UD Ourense desprazouse esta fin de semana ata Ribadavia na que un gol de Xurxo no minuto 89 deulle a vitoria aos de Antonio Dacosta.

Xa na primeira volta os ribadavienses puxeran en serios aprietos aos capitalinos (2-1) no estadio Miguel Anxo. Con este antecedente, e cun terreo de xogo pouco apto para o xogo, o partido estivo moi nivelado. E iso que Julio Salgado non fallou, e no minuto tres adiantaba á UD. Lonxe de baixar os brazos, e esperar que caera un gol tras outro, os locais souperon recompoñerse e lograr o empate no ecuador da primeira metade.

Os locais creron en puntuar, e incluso na vitoria, e puxeron nalgunha ocasión en serios apuros á zaga unionista. Cun campo impracticable os balóns colgábanse nas dúas áreas en busca dos tres puntos por parte de cada equipo. O Ribadavia buscou perder o máximo tempo posible o que fixo que o encontro prolongarase en máis de dez minutos. Antes da prolongación, no 89, Xurxo conseguíu o segundo gol visitante e con elo impediu que se curtara a racha de vitorias do equipo. O público ourensçan que acidui a ver o encontro estalou de xubilo coa consecución do tanto do central.

Unha vitoria sufrida pero vitoria a fin de contas que supón que os de Dacosta continuen na súa marcha de cruceiro cara á Segunda Rexional. O ascenso cada vez máis preto; o cuarto clasificado (non subiría) está a 20 puntos na clasificación, que sigue comandada pola UD con 51 puntos. Segundo é o Palmés con 44 e terceiro o Barra de Miño con 34.

Os Chaos
O domingo que vén reciben ao pechacancelas da táboa: Os Chaos, equipo que non sabe o que é puntuar nesta tempada. O encontro terá lugar no estadio do Couto ás 16.15 horas.