O 2 de febreiro de cada ano é o Día Mundial dos Humidas e nel conmemorase a data na que se adoptou a Convención sobre os Humedais de Ramsar 1971.

 

O Convenio Mundial RAMSAR de Conservación dos Humedais, do cal España forma parte, baixo o lema “Humedais para o noso futuro” está dedicado este ano este ano a reflexionar e promover a conservación destes espazos naturais. Os humedais proporcionan á humanidade numerosos servizos imprescindibles para a vida humana e para o equilibrio do planeta: non só regulan o clima, os ciclos da auga ou, como no caso de Galicia, son unha importante fonte de traballo e de economía sostible, grazas á súa enorme produtividade marisqueira e pesqueira.

No Día Mundial dos Humedais, Amigos da Terra quere recordar a necesidade de promover en Galicia un modelo de desenvolvemento baseado no uso sostible dos nosos valiosos humedais, en vez da súa destrución destes espazos que dende os anos 50 do século pasado perdéronse ó 60% da súa superficie.

Amigos da Terra celebra esta data, en colaboración coa Aula de Natureza do río Miño, e o naturalista Alberto Rivero Saeta, cunha saída polas ribeiras do Río Miño ao seu paso polo concello de Ourense, para o domingo 8 de febreiro pola tarde.

Partirán dende a pasarela de Outariz, ás 16:00 horas e tras un paseo dun pequeno percorrido pola marxe dereita do río Miño dunhas tres horas, rematarán na localidade de Untes, que servirá para iniciarse na observación de aves propias de entornos lacustres ou fluviais e que será guiado polo naturalista ourensán Alberto Rivero.