A Casa da Cultura de Xinzo acollerá diversos obradoiros dirixidos á poboación en risco de exclusión social da comarca, para mellorar as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral.

 

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” acolleu a presentación do Programa Ruralempréga-T que pretende a mellora da calidade de vida da poboación limiá que poida atoparse nunha situación de risco ou exclusión social mediante a metodoloxía de itinerarios personalizados de orientación sociolaboral, accións informativas, de prospección e intemediación laboral…

Así, nos próximos meses, desenvolverase o primeiro xoves de cada mes un obradoiro formativo sobre algunha temática en relación á busca de emprego. O primeiro será o 5 de febreiro e nel abordarase “autoanálise e mercado laboral na Limia”. Ao mesmo tempo, desenvolvermos un “Club de emprego”, que incide sobre as consecuencias que o desemprego de longa duración conleva; é dicir, baixa autoestima, desánimo… Este terá lugar o terceiro xoves de cada mes, salvo no mes de febreiro que se retrasará ao día 26.

Este programa é financiado polo Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia e conta coa cofinanciación nun 80% do Fondo Social Europeo e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a través da convocatoria do 0,7% do IRPF.

Os interesados en asistir a esta actividades, que se desenrolarán na aula 7 da Casa da Cultura de Xinzo, poden contactar coa organización no 988 46 15 71 ou no enderezo electrónico areasocial@cdroviso.org.