Cartel indicacións cortes paseo das Ninfas

O paso estará aberto para os viandantes entre os venres ás 22 horas e os luns ás 8 horas, ademais dos festivos,

 

O avance das obras de actuación “Mellora de saneamento de Ourense, Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)”, provocarán desde este xoves día 5 de febreiro o corte ao acceso dos viadantes ao Paseo das Ninfas, na marxe esquerda do río Miño. Así, desde este xoves, e ata o 30 de abril de 2015, o camiño soamente estará accesible entre as 22 horas dos venres e as 8 horas dos luns, así como os festivos.

As obras son resultado dun convenio asinado por Acuaes, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución e explotación das obras da actuación mellora do saneamento de Ourense, EDAR de Ourense.

O investimento das obras é de 49 millóns de euros, cofinanciados por tres administracións; 36.750.000 por parte da Administración Central, a través de Acuaes, 10.109.000 por parte da Xunta de Galicia e 2.141.000 por parte do Concello de Ourense.