A Asemblea plenaria de Esquerda Unida de Ourense vén de elexir a Carlos Miguélez como o seu candidato ás vindeiras eleccións municipais de Ourense que terán lugar no mes de maio.

Carlos Miguélez actualmente é o responsable da Secretaría de Comunicación de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia en Ourense. Asemade o seu activismo desenvólvese fundamentalmente nos movementos sociais da
cidade. Tras a elección, o candidato manifestou que “ ante a situación de emerxencia social na que nos atopamos, Esquerda Unida debe de continuar co seu traballo a prol da converxencia social e da creación de poder popular».

“Dende Esquerda Unida traballaremos para que Ourense en Común sexa o motor do cambio que os veciños e veciñas deste concello precisan” manifesta Carlos Miguélez, que leva participando dende os inicios neste ilusionante
proxecto.

Por outra banda, Esquerda Unida de Ourense en boca do seu coordinador, J.Manuel G.Gutiérrez manifestou que “ o compañeiro Carlos representa o exemplo de traballo militante que esta organización vén desenvolvendo dende
vai 30 anos, apostando pola contrución dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria onde o pobo sexa quen máis ordee”.

 on este proceso, Esquerda Unida reitera a necesidade de traballar en frontes amplas e inclusivas, baixo o paraugas dun programa que garanta a defensa dos dereitos das persoas fronte aos embates deste sistema en descomposición.